DAVID CAL, E TANIA FERNANDEZ NOVAS CAMPEONAS GALEGAS SENIOR, IVAN ALONSO REPITE TITULO O Kayak Tuden...
Leer máis...
Venres, 26/08/11.- Accede á actualización da XXIV Liga Xunta de Galicia a través deste enlace ...
Leer máis...
Na pasada copa de España Teresa Portela reafirmou a súa plaza para disputar o K1 Women 200 m nos p...
Leer máis...
David Cal, o Subcampión do Mundo en C1 1.000m en Hungría xa ten pasaporte para Londres 2012. EN...
Leer máis...
| O Kayak Tudense, Maquieira e Novo protagonistas na Copa de España 200 e 500 metros. |
![]()
O Club Kayak Tudense foi o mellor club galego na Copa de España sobre as distancias dos 200 e 500 metros, a nivel individual destacar a dous canoistas galegos David Maquieira (Nautico O´Muiño) e Alvaro Novo (As Torres) xa que lograron medalla nas catro probas que disputaron , C1, C2 en 200 e 500 metros. A Copa de España de 200 e 500 metros estivo marcada na xornada do sábado pola espectación creada na loita que tería a deportista galega Teresa Portela en lograr a súa clasificación para os seus cuartos Xogos Olímpicos, obxetivo que logrou despois de vencer na final do K1 200 metros comodamente. Destacar unha proba máis o dominio da canoa galega donde coparon os podios tanto no C1 como nos C2 nas dúas distancias. Tamén se logrou un pleno no K2 senior 500 metros. |
| TERESA PORTELA estará en Londres 2012 |
![]()
A deportista do Ría de Aldán estará nos seus cuartos xogos Olímpicos. Unha vez finalizada a copa de España sobre a distancia dos 200 metros, o #PiragüismoGalego ven de confirmar un novo representante nos próximos Xogos Olímpicos que se disputarán en Londres, tratase da deportista mellor deportista femenina galega e con máis participacións, Teresa Portela. Confirmouse despois de lograr a victoria nesta copa, un trámite imposto pola RFEP despois de ser ela mesma a que lograra a plaza no pasado mundial e o non lograr medalla tivo que impoñerse neste "selectivo" para a súa confirmación.
|
| Verducido acolle esta fin de semana a Copa de España de Piragüismo sobre 200 e 500 metros |
A posible clasificación de Teresa Portela para os Xogos Olímpicos de Londres principal aliciente o sábado a partir das 12:00 horas.
O mellor piragüismo español volve esta fin de semana ao encoro do Pontillón de Castro para acoller os mellores deportistas nacionais na Copa de España de 200 e 500 metros nas categorías Júnior, Sub23 e Sénior. A proba encádrase dentro do calendario impulsado no convenio asinado entre a Concellería de Deportes e a Federación Galega de Piragüismo. O Viernes tamén se celebrará o control selectivo para os kayak mulleres nas distancia de 500 metros en donde estarán en xogo a plaza española para participar a próxima semana no pre-olimpico de Poznan e loitar por estar en Londres. Mentras que no selectivo decidirase o K1 e K2 500 metros. |
| O Memorial Roberto Porto foi para o Piragüismo Cambados |
![]()
A 4º Regata da Liga Galega de Kayak de Mar que se disputou en Vilagarcía de Arousa finalmente quedouse no líder da Liga o Piragüismo Cambados que foi seguido na clasificación moi de cerca polo Club Nautico O Muiño de Ribadumia que continua superandose proba a proba e nesta ocasión o Club de Mar Ría de Aldán quedou no 3º posto da clasificación por equipos. Estos tres clubes son os que veñen copando o podio dende o inicio da Liga e a tenor do visto en Vilagarcía será o que suceda ata final de temporada se non hai cambios. A primeira embarcación en entrar en linea de meta foi a do Fluvial O Barco de Jesús Rodriguez e Miguel Fernandez que se impuxeron con comodidade a Javier Illanes e Jose Ramón Estevez do Piragüismo Viveiro, terceiros foron tamén palistas do Viveiro Marcos Illanes e Alberto Piqueiras.
|
| O COFRADIA DE PESCADORES DE PORTONOVO VOLVE A SENDA DO TRIUNFO EN PONTESAMPAIO |
O club de Portonovo retomou a victoria na Liga Galega de Promoción en Pontesampaio despois de ocupar o segundo posto na proba pasada no río Lerez donde o Ciudad de Pontevedra venceu, nesta ocasión o club de Pontevedra tivose que conformar novamente co segundo posto. O terceiro posto na clasificación por equipos foi para o Nautico Pontecesures. No cuarto posto quedou o Nautico Firrete (2116), Piragüismo Rías Baixas no quinto (2116), sexto o Nautico O Muiño de Ribadumia (1925), séptimo o Club de Mar Ría de Aldán Hnos.Gandón (1789).
|
| SERVICIO DE CATERING NA COPA DE ESPAÑA DE 500 e 200 METROS |
Con motivo da celebración da Copa de España 500 e 200 metros en Verducido o vindeiro 12 e 13 de maio, haberá un servizo de cátering que serivirá comidas no propio pantano o sábado 12 de maio. |
| A Liga de Promoción e Kayak de mar volven este fin de semana, Vilagarcia e Pontesampaio sedes. |
![]()
Este fin de semana o #PiragüismoGalego estará representado en Pontesampaio (Pontevedra) e Vilagarcía de Arousa para acoller a 3º Proba da Liga Galega de Promoción e a 4º proba da Liga Galega de Kayak de Mar respectivamente. |
| Este fin de semana iniciase a Copa Ibérica de Kayaksurf & Waveski |
| O Circuito Nacional de Kayaksurf & Waveski (CNKW) vaise iniciar este ano en Peniche (Portugal). Coa organización da Federación Portuguesa de Canoagem e colaboración da Escola Superior de Desporto de Rio Maior e Câmara Municipal de Peniche, a proba realizarase os dias 5 e 6 de Maio. O 21 e 22 de Xullo na Praia de Patín será a seguinte proba deste circuito e Coruña cerrará o 6,7 de Outubro esta Copa Ibérica que se disputa entre España e Portugal. |
| O Kayak Tudense, Maquieira e Novo protagonistas na Copa de España 200 e 500 metros. |
O Club Kayak Tudense foi o mellor club galego na Copa de España sobre as distancias dos 200 e 500 metros, a nivel individual destacar a dous canoistas galegos David Maquieira (Nautico O´Muiño) e Alvaro Novo (As Torres) xa que lograron medalla nas catro probas que disputaron , C1, C2 en 200 e 500 metros. A Copa de España de 200 e 500 metros estivo marcada na xornada do sábado pola espectación creada na loita que tería a deportista galega Teresa Portela en lograr a súa clasificación para os seus cuartos Xogos Olímpicos, obxetivo que logrou despois de vencer na final do K1 200 metros comodamente. Destacar unha proba máis o dominio da canoa galega donde coparon os podios tanto no C1 como nos C2 nas dúas distancias. Tamén se logrou un pleno no K2 senior 500 metros. |